13 jul 2010

LDK 05: Televisión en 3D

Recentemente a película Avatar foi todo un éxito nas carteleiras, non por pasar á historia coma un gran filme, senón porque serviu de semente para o agromar do cinema en 3 dimensións.

Isto como se logra? Existe unha técnica chamada estereoscopia que o que intenta é reproducir dun xeito máis ou menos preciso a visión humana. Este proceso consiste en captar dúas imaxes dunha escena con diferente ángulo (non moi amplo) e presentalas ao usuario de xeito conxunto, de tal maneira que coa axudas duns lentes 3D (os míticos cun ollo vermello e outro azul), os nosos ollos son capaces de percibir as dúas imaxes por separado e unilas no cerebro, tal e como acontece na visión real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario