Tras a instalación da aplicación e a introdución do pórtico, imos proceder á introdución de cargas e ao cálculo de diagramas.
Para comezar executamos o programa, unha vez executado clickamos sobre a icona "Abrir" (12), seleccionamos o arquivo que queiramos e dámoslle a abrir.
A partir de aquí procedemos a "Asignar acciones en los nudos" (46). Procederemos coma sempre: en secuencia poñemos os nós aos que queremos que afecte, e despois poñemos o valor das forzas X, Y ou do momento. No exemplo poñemos en Fuerza Y 3 e en Secuencia 5.
Agora toca "Asignar acciones en las barras" (47), aquí xa vos tedes que guiar polos gráficos da ventá. No exemplo poñemos Secuencia 2, Q1 20 e L1 2. No ángulo deixamos valor 90 (que sería o mesmo que "Perpendicular a la barra").
Agora xa está, xa temos o noso pórtico rematado que debera quedar tal que así:
Se no voso caso non se ven as cargas, ou quedan cortadas dá igual, é algo irrelevante, pero se aínda así non estades moi convencidos dádelle a "Escalas de Visualización" (23) e substituíde o primeiro 1 por 0,75.
Deberemos "Guardar" (13) primeiro para que nos apareza a icona de "Cálculo" (51), clicamos e sairá a seguinte ventá:
Para que nos deixe continuar co cálculo é preciso premer o botón rodeado de verde, sairanos unha ventá emerxente á que non lle faremos caso e xa nos permitirá pulsar o botón de abaixo á dereita (o simboliño de apagar/acender), clicamos nel e sairán os diagramas calculados tras unha ventá de aviso que poderemos pechar. Agora só nos queda ver os "Listado de datos" (61), "Listado de resultados" (62) e "Listado global" (63).
Ademáis disto poderemos activar e desactivar os gráficos de "Esfuerzos axiles" (65), "Esfuerzos cortantes" (66), "Momentos Flectores" (67) ou da "Deformada" (68). Estes gráficos permítennos mostrar ou non os "Valores significativos" (69).
Agora só nos queda "Exportación DXF" (70) para poder espremelo cun programa de CAD. Cando cliquemos sairanos unha ventá na que unha das iconas volverá ser igual que o que xa clicamos (70), pois volvemos darlle e xa quedará exportado.
O arquivo exportado contará con 18 capas cas seguintes características:
- 0 Capa automática do CAD, vén baleira.
- 01D01 Capa da deformada
- 01M01, 01N01, 01V01 Capas cos diagramas en cor branca.
- Unha serie de capas con nome indicando o que son
- Serie de capas que comeza por "ENV": Diagramas de Flectores "M", Axiles "N" e Cortantes "V"
- Serie de capas que comeza por "TXT": Valores significativos dos diagramas.
Espero que vos fose útil esta pequena guía. Se tedes algunha dúbida, corrección ou suxestión non dubidedes en escribirnos: mallandonaeira[arroba]gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario