15 jul 2010

LDK 06: Módulo de Young

Deformación elástica: Aquela que sofre un material que se recupera da deformación tras deixar de aplicar unha tensión. Por exemplo, as típicas gomas do pelo.
Deformación plástica: Aquela deformación permanente que queda nun material tras deixar de aplicar unha tensión. A plastilina é un caso esaxerado, pero como exemplo válenos.

Os materiais teñen ambos comportamentos, a primeira deformación queda no campo elástico, pero cando a tensión pasa dun valor -límite elástico-, pasamos a movernos no campo plástico. Non vos ten pasado de estirar unha goma elástica (as das papelerías de toda a vida) e notar ese punto no que dis "ui, paseime" e sabedes que vai quedar deformada? Ese é o límite elástico.

Pois o módulo de Young é a razón entre a tensión exercida e a deformación unitaria dun material. Esta razón habitualmente é lineal (ou case lineal) no campo elástico. O cálculo de estruturas adóitase facer sobre o límite elástico pola clara marxe de seguridade que nos ofrece.
Diagrama tensión-deformación do aceiro:

No hay comentarios:

Publicar un comentario