20 ago 2011

LDK 178: As auroras boreais no Folklore

Hai uns días falabamos da orixe das auroras boreais. Pero no folklore tamén abundan as explicacións sobre a orixe destas fascinantes luces. En finés chámanse "revontulet", que significa "lume do raposo". O nome derívase dunha antiga lenda sobre o raposo do ártico, que dicía que os rabos dos raposos que corrían polos montes laponeses, golpeábanse contra a neve e as faíscas que saían dos golpes reflectíanse no ceo. Noutras culturas o “lume do raposo” designaba ao brillo resplandecente emitido por algúns tipos de fungos que medran na madeira podrecida.

Os esquimais, os laponeses e os habitantes de Groenlandia estaban familiarizados con esta luz misteriosa do ceo. As súas lendas tomaban moitas formas e estaban asociadas coas súas ideas da vida no outro mundo. Segundo unha lenda esquimal, a aurora boreal era un carreiro estreito, sinuoso e perigoso que conducía ás rexións celestiais e a súa luz debíase á chegada dos novos espíritos.



Se queres ver auroras boreais, a época de maior posibilidade de aparición sitúase entre o equinocio de outono e o de primavera (do 21 de setembro ao 21 de marzo), especialmente nos meses de outubro, febreiro e marzo entre as 6 da tarde e a 1 da madrugada.

Dado que se producen ao redor das zonas polares, os mellores lugares para velas son os territorios máis cercanos aos polos, como por exemplo Alaska, Canadá, Groenlandia, Islandia, Noruega ou Siberia entre outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario