13 ago 2011

LDK 175: Como se producen as auroras boreais

As auroras boreais prodúcense a causa da actividade do Sol: o Sol desprende partículas cargadas con moita enerxía, ións, que viaxan polo espazo a velocidades de entre 320 e 704 kilómetros por segundo, e dado que a distancia entre o Sol e a Terra é de 149.600.000 kilómetros, necesitan tan só entre 60 e 130 horas en chegar á Terra. Ao conxunto de partículas que veñen do Sol coñécense como vento solar.

Este vento solar interactúa co campo magnético da terra nos polos. Os polos son os bordes do campo magnético terrestre, un campo magnético orixinado polo movemento do núcleo da Terra, animado pola rotación do noso planeta e posibilitado polo seu estado semilíquido e a presenza de abundante ferro. Ao interactuaren, algunhas das partículas quedan atrapadas polo campo magnético e seguen o curso das liñas de forza magnética en dirección á ionosfera. Esta é a parte da atmosfera terrestre que se estende ata uns 60 ou 100 quilómetros desde a superficie da terra.


Cando as mencionadas partículas chocan cos gases na ionosfera, empezan a brillar, producindo o espectáculo que coñecemos como aurora boreal ou austral. A aurora do hemisferio norte foi nomeada aurora boreal (luces do norte) polo científico francés Pierre Gassendi en 1621, quen foi o primeiro en facer observacións aurorales sistemáticas, e aurora do sur foi nomeada aurora austral (luces do sur) polo capitán James Cook en 1773, cando a observou por primeira vez no Océano Índico.

A variedade de cores, vermello, verde, azul e violeta que aparecen no ceo débense aos diferentes gases que compoñen a ionosfera e dependendo da oblicuidade coa que as particulas solares choquen contra un polo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario