En pragmática, chamámoslle presuposición a un tipo especial de inferencia pragmática que explicita a condición necesaria para que un enunciado sexa verdadeiro ou falso. A presupón B cando B é unha condición para que A poida ser considerado verdadeiro ou falso.
Unha presuposición ten que ser constante baixo a negación. É dicir, para que B sexa unha presuposición de A, tanto de A coma de ~A tense que inferir loxicamente B. Porén, esta proba non é suficiente para distinguir as presuposicións dun enunciado.
Con certas construcións podemos ver como xorden presuposicións. Chamamos a estas construcións accionadores presuposicionais. Temos os seguintes tipos:
Descricións definidas
Xan viu ao home con dúas cabezas >> existe un home con dúas cabezas.
Verbos factivos
Marta lamenta beber a cerveza >> Marta bebeu a cerveza
Marta era consciente de estar alí >> Marta estaba alí
(“darse conta”, “saber”, “sentir que”, “estar orgulloso de”, “ser extraño”, “alegrarse de”...)
Verbos implicativos
Xan conseguiu abrir a porta >> Xan tentou abrir a porta
Xan esqueceuse de pechar a porta >> Xan debería ter pechado a porta
(“dar a casualidade de que”, “evitar”)
Verbos de cambio de estado
Xan parou de fumar >> Xan fumaba
Xan comezou a fumar >>Xan non fumaba antes
Xan seguiu a ilo >> Xan xa estaba a ilo antes
(“acabar”, “continuar”, “cesar”, “tomar de”, “marcharse”, “entrar”, “chegar”, “irse”, “vir”...)
Iterativos
Xan volveu a vir >> Xan viñera antes
Xa non podes volver máis >> Antes podías
(“outra vez”, “regresar”, “restituir”, “repetir”...)
Verbos de xuízo
Acusouno de matalo >> Cría que matar está mal
Criticouno por matalo >> Matouno
Clausulas temporais
Antes de que viñeras, marchara >> Viñeches
Mentres estabas alí, marchou >> Estiveches alí
Desde que morreu, non é o mesmo >> Morreu
(“despois”,”durante”,”cada vez que”...)
Oracións escindidas / cleft.
Foi Xan quen a matou >> Alguén a matou
O que Xan perdeu foi a carteira >> Xan perdeu algo
Oracións implicitas con constituíntes enfatizados
Fuches TI! >> Alguen foi
Asi que foi ALI >> Foi nalgún lugar
Comparacións e contrastes
Ti lle dixeches cocho e logo el tamén che insultou a ti >> Para el cocho é un insulto.
Carol é mellor lingüista ca ti >> Ti es lingüista
(“á súa vez”, “a cambio”, “tamén”, “tan como...”)
Clausulas de relativo non restritivas
Ti, que non es tonto, parécelo >> Ti non es tonto
Condicións contrafactuais
Si tivera ido ali, mellor me sería >> Non fun alí
Preguntas
Hai un profesor? >> Ou ben o hai ou ben non o hai
Está aquí ou alí? >> Está ou aquí ou alí
Quen é o novo profesor? >> Alguén é o novo profesor
Porén, as presuposicións non son inmutables, xa que poden ser canceladas cando se enuncian as realidades do mundo real contrarias á presuposición. Esta propiedade chámase defectibilidade das presuposicións. Vexamos un exemplo.
Carol é mellor lingüista ca ti - Ti es lingüista
Carol é mellor lingüista ca ti, porque ti non es lingüista.Ti non es lingüista
Bibliografía:
Levinson, Stephen. 1989. Pragmática. Madrid: Teide.

Carol é mellor lingüista ca ti, porque ti non es lingüista.
Bibliografía:
Levinson, Stephen. 1989. Pragmática. Madrid: Teide.

No hay comentarios:
Publicar un comentario