As certificacións de obra son documentos que dan fe da obra executada, cuantificándoa e indicando o período de tempo no que se desenvolveu, ademais está acompañada do importe que terá que aboar o promotor ao contratista (construtor). Del, normalmente, tamén se desconta unha porcentaxe que serve de garantía de que o construtor vai rematar a obra.
As medicións, e por tanto as certificacións, realízanse a orixe e despois descóntase o valor da certificación anterior. Este proceso permite corrixir erros que se puideran dar nas certificacións anteriores. Finalmente temos a denominada certificación de liquidación, que non poderá ser corrixida xa que é a última, a definitiva.
Existe outro tipo de certificacións, que se chama por acopio e que permite adiantarlle ao contratista o valor dos materiais que xa ten comprados e preparados na obra para o seu uso, aliviándolle a carga económica. Este tipo de certificación non se fai polo valor total dos produtos, senón por unha porcentaxe dos mesmos, un 75% en obra pública.
Todas as condicións dos criterios de medición, a regularidade coa que se levarán a cabo -normalmente mes a mes-, as porcentaxes descontadas en concepto de garantías, o tempo que pasará dende que se finaliza a obra para aboar esa garantía, e os demais factores que foran precisos, estableceranse no contrato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario