30 may 2011

Citas e referencias, IV: O ACS Style.

Continuamos a serie de estilos de citación e referencia (anteriores: I, II, III) falando do ACS Style, o estilo desenvolvido pola American Chemical Society. Este estilo comezou a desenvolverse en 1986, e é o standard para as publicacións sobre química.


Citas no texto:

NO ACS Style as citas no texto poden seguir o esquema autor-ano, xa explicado no Apa Style, ou un sistema mediante numeración, ben regular entre parénteses, ben superescrita, que enviaría á información relevante nunha nota ao pé ou ao final do texto.


Lista de referencias:

Na lista de referencias o ACS Style segue unhas normas similares ás do MLA Style, se ben podemos apreciar algunha diferencia relevante, como a presencia dunha lista de revistas cuxos nomes han de aparecer abreviados necesariamente.

Pasemos a ver agora o formato da lista de referencias:

Artigo nunha revista:
Apelido, iniciais. Título da revista (abreviado).1 Ano, número da revista, páxinas.
Artigo ou carta ao director nun xornal ou revista periódica (non académica)
Apelido, iniciais. Título do artigo, Nome do xornal, Cidade, data completa, páxinas.
Libro:
Apelido, iniciais. Título do libro. Editora: Cidade, Ano.
Libro con varios autores:
Apelido, iniciais, e Apelido, iniciais. Título do libro. Editora: Cidade, Ano.
Libro editado:
Título do libro, Apelido, iniciais, Ed. Editora: Cidade, Ano.
Capítulo dun libro:
Apelido, iniciais. Título do capítulo. En Título do libro; Autor, Ed.; Editora: Cidade, Ano; páxinas.
Páxina web:
Autor. Título da páxina web. URL/doi (Data de acceso).
Elemento nunha páxina web:
Autor. Título do artigo. Título da páxina web. URL/doi (Data de acceso).
Artigo nunha revista impresa tomado de internet:
Apelido, iniciais. Título da revista (abreviado).[Online] Ano, número da revista, páxinas.


NOTAS:
1 Non é necesario, neste estilo, explicitar os nomes dos artigos, xa que co título e número da revista, e a paxinación, xa se pode chegar a eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario