De seguro que se miráchedes ou ides mirar por unha televisión en alta definición soaranvos estes nomes: pantallas de plasma e LCD's. Que diferenzas hai? Cal é mellor que cal?
A priori, non podemos dicir que unha sexa mellor ou peor ca outra, porque ambas presentan vantaxes e desvantaxes, polo que todo dependerá do uso que lle vaiamos dar.
Cómpre sinalar que a formación da imaxe é diferente en ambas tecnoloxías, xa que as pantallas LCD están formadas por milleiros de microcristais que deixan pasar máis ou menos luz dependendo da carga eléctrica que se lles aplique en cada momento. Doutra banda, nas plasma fórmase a imaxe grazas á excitación de depósitos fosforescentes, presentes en todos os píxeles que forman a pantalla.
A luminosidade é un factor que dependerá non só da pantalla, senón tamén do espazo no que a coloquemos. Así, en lugares claros é preferíbel contar cunha pantalla LCD, mentres que nos escuros é mellor un plasma.
As LCD cansan menos a vista, xa que a o contraste é menor. Sen embargo, as plasmas teñen mellor contraste, ofrecendo un amplo abano de grises. Ademáis o tempo de cambio de cor nos píxeles é moito menor, gañando en nitidez.
Finalmente, a vida útil das LCD é bastante maior ca o das pantallas de plasma, chegando a acadar o dobre de horas (60.000 fronte a 30-40.000). Ademáis, as LCD consumen menos electricidade (até un 20% menos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario