1 mar 2011

LDK 104: Phishing


Dende que se popularizou Internet, popularizáronse tamén as artimañas de xente que decidiu facer negocio do descoñecemento alleo, sendo quizáis unha das máis destacadas o phishing.

O phishing consiste en enganar a unha persoa facéndose pasar por unha entidade coñecida para o usuario, co fin de conquerir datos vitais como números de tarxetas de crédito ou contrasinais.

O máis habitual é que este engano se realice a través de correos electrónicos, nos que se envía unha ligazón a unha páxina que, aparentemente, é a da nosa caixa ou banco, ou dunha administración pública, e na que nos solicitan, por exemplo, os nosso datos de acceso á banca online.

Pero este tipo de estafas tamén se poden levar a cabo por teléfono (por exemplo, pedindo o PIN para activar a nosa tarxeta de cŕedito ou similar).

De seguido indicamos algúns un par de consellos para previrse do phising, básicos, pero cómpre lembrar.
  1. Obviar mensaxes sospeitosas.
  2. Nunha acceder ás webs nas que se nos pidan datos confidenciais (bancos, administración) dende ligazóns que nos cheguen por correo: poñer o enderezo directamente no navegador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario