21 feb 2011

Powermat. Chega a revolución dos cargadores #mwc11

Só nos Estados Unidos, aparellos en stand by e cargadores que non se desenchufan cando non se está a usar, consumen 4000 millóns de dólares en enerxía, falando en termos económicos. É o que se coñece como enerxía vampírica e en Powermat saben moi ben o que é.

Powermat é unha empresa que se adica ao desarrollo de tecnoloxías de carga sen fíos grazas á indución. Pretenden que nun futuro non teñamos que depender dos cargadores con cable, algo que xa teñen bastante avanzado.

Dispoñen dunha completa gama de cargadores que están baseados nunha base que teremos conectada á corrente permanentemente, pero cun consumo desprezábel (de aí o que comentaba antes da enerxía vampírica; Powermat ten desarrolladas tecnoloxías que reducen á mínima expresión o consumo). Puidemos comprobar in situ isto, como podemos ver na seguinte imaxe

Sen estar cargando nada, non hai consumo
As bases poden ter forma de bandexa ou vir incorporadas en elementos como o pé dun flexo. Neste sentido, Powermat está a traballar con outras empresas, para colocar puntos de carga nas mesas das salas de espera dos aeroportos ou incrustadas nas guanteiras dos coches.

Prototipo de mesa de carga nos aeroportos
O sistema de Powermat vale para cargar case calquera cousa: mp3, iPhone, Blackberry, PSP, terminais Android... iso si non basta con poñer o aparello enriba, a cousa ten truco.

Para o caso, por exemplo, das Blackberry, teñen unha pequena lámina que se coloca pegada á batería, como se pode ver na seguinte imaxe, que é a que permite a carga por indución só con colocar dito smartphone enriba. Para iPhone, o sistema é algo diferente: colócase nunha especie de bumper (xa sabedes, unha especie de carcasa exterior). E para o resto, pois hai unha colección de adaptadores.

Para Blackberry teñen o sistema máis conseguido: só hai que colocar unha lámina pegada á batería
Probámolo

Dende Powermat facilitáronnos un kit completo para que puidéramos facer un análise no noso blogue. En concreto, un compatíbel co Nexus One, que resultou ser un con múltiples clavixas.

Kit completo
Como podemos ver na imaxe anterior, o kit completo ocmponse do xogo de clavixas, da bandexa de carga (neste caso unha bandexa dobre), e o enchufe co cable correspondente. Ese desexo dun mundo sen cables de Powermat é evidente no sistema de recollida destes, que quedan totalmente integrados nas partes físicas, nunca soltos.

Detalle da bandexa de carga
Detalle do xogo de adaptadores
Como se pode ver na imaxe anterior, o kit vén con 8 adaptadores para diferentes dispositivos, aos que hai que engadir un miniusb que vén na caixa de carga (dispositivo da parte superior, á dereita). Tamén trae unha pequena caixa (parte superior da imaxe, á esquerda), para gardar as clavixas.

Para poñer un dispositivo a cargar, debemos ter a bandexa conectada á toma de corrente (obvio). A partires de aí, cando queiramos poñer algo a cargar, conectaremos a caixa de carga co adaptador correspondente. Na imaxe podedes ver as conexións para o Nexus One.


Como podemos ver, a bandexa da esquerda permanece iluminada ao estar cargándose un dispositivo, mentres que a da esquerda fica apagada, non consumindo.

Coido que este sistema é realmente interesante e cómodo. Iso si, inda ten moito que avanzar, xa que tan só para a Blackberry podemos falar dun dispositivo completamente sen fíos: "chegar e pousar". Malia iso, creo que vai no bo camiño.

3 comentarios: