A día de hoxe, a meirande parte dos dispositivos de televisión e vídeo que se comercializan no noso país dispoñen de a lo menos un euroconector. Que fai especial a este dispsitivo?
O euroconector ou SCART (acrónimo de Syndicat des Constructeurs d'Appareils Radiorécepteurs et Téléviseurs) foi deseñado por organismos franceses, país cunha longa traxectoria en estándares de televisión, no ano 1978. Tan só tres anos despois, o seu uso foi imposto por lei para todos os aparellos electrónicos de televisión e vídeo comercializados naquel país.
O euroconector conta con 21 pestanas diminutas, tamén chamados pins, que transportan voltaxes de corrente:
Existen 3 tipos de tipos de conexión SCART, froito da evolución. No primeiro, o significado dos pins é o que segue:
- Pin 1: Canle de audio dereito (saída)
- Pin 2: Canle de audio dereito (entrada)
- Pin 3: Canle de audio esquerdo (saída)
- Pin 4: Masa (audios)
- Pin 5: Masa (cor azul en RGB)
- Pin 6: Canle de audio esquerdo (entrada)
- Pin 7: Sinal azul (RGB) (entrada)
- Pin 8: Cambio de formato de pantalla (O V - sen sinal, 6 V - pantalla 16:9, 12 V - pantalla 4:3)
- Pin 9: Masa (cor verde en RGB)
- Pin 10: D²B (entrada)
- Pin 11: Sinal verde (RGB) (entrada)
- Pin 12: D²B (saída)
- Pin 13: Masa (cor vermello en RGB)
- Pin 14: Masa (D²B)
- Pin 15: Sinal vermello (RGB) (entrada)
- Pin 16: Conmutación RGB (0 V - vídeo composto, 1 V - RGB)
- Pin 17: Masa (saída de vídeo composto)
- Pin 18: Masa (entrada de vídeo composto)
- Pin 19: Vídeo composto (saída)
- Pin 20: Vídeo composto (entrada)
- Pin 21: Masa (xeral do euroconector)
Nas versións posteriores, os pins 7, 11 e 16 anúlanse. Pola súa banda o pin 15 pasa a ser o sinal de crominancia de S-VHS e o 20 a entrada do sinal de luminancia S-VHS.
A adopción deste sistema de conexión audio/vídeo radica nas importantes melloras que trouxo no seu momento en canto á calidade, froito da súa inmunidade ao ruído.
As súas características permiten, a priori, ter varios aparellos nun mesmo euroconector (obviamente, non funcionando á vez), a través dunha especie de ladróns. Sen embargo, na práctica, é habitual atoparse dispositivos con parte dos pins anulados por aforrar custes de fabricación, que fan que funcionen ao límite.
Na actualidade, o seu uso está en decadencia, grazas á alta definición e os seus conectores asociados, os HDMI, dos que falaremos noutra ocasión.
Fontes
- Apuntes de Televisión
- Conector SCART
- Imaxe: Wikipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario