10 feb 2011

LDK 96: Escila e Caribdis


ἡμεῖς μὲν στεινωπὸν ἀνεπλέομεν γοόωντες·
ἔνθεν γὰρ Σκύλλη, ἑτέρωθι δὲ δῖα Χάρυβδις
δεινὸν ἀνεῤῥύβδησε θαλάσσης ἁλμυρὸν ὕδωρ.
ἦ τοι ὅτ' ἐξεμέσειε, λέβης ὣς ἐν πυρὶ πολλῷ
πᾶσ' ἀναμορμύρεσκε κυκωμένη· ὑψόσε δ' ἄχνη
ἄκροισι σκοπέλοισιν ἐπ' ἀμφοτέροισιν ἔπιπτεν. 240
ἀλλ' ὅτ' ἀναβρόξειε θαλάσσης ἁλμυρὸν ὕδωρ,
πᾶσ' ἔντοσθε φάνεσκε κυκωμένη, ἀμφὶ δὲ πέτρη
δεινὸν βεβρύχει, ὑπένερθε δὲ γαῖα φάνεσκε
ψάμμῳ κυανέη· τοὺς δὲ χλωρὸν δέος ᾕρει.
ἡμεῖς μὲν πρὸς τὴν ἴδομεν δείσαντες ὄλεθρον·
τόφρα δέ μοι Σκύλλη γλαφυρῆς ἐκ νηὸς ἑταίρους
ἓξ ἕλεθ', οἳ χερσίν τε βίηφί τε φέρτατοι ἦσαν.
σκεψάμενος δ' ἐς νῆα θοὴν ἅμα καὶ μεθ' ἑταίρους
ἤδη τῶν ἐνόησα πόδας καὶ χεῖρας ὕπερθεν
ὑψόσ' ἀειρομένων· ἐμὲ δὲ φθέγγοντο καλεῦντες 250
ἐξονομακλήδην, τότε γ' ὕστατον, ἀχνύμενοι κῆρ.

Odisea, canto XII


Pasabamos o estreito chorando, pois a un lado estaba Escila, e ao outro a divina Caribdis, que sorbía de horrible forma a salobre auga do mar. Ao vomitala deixaba oír xordo marmurio, revolvéndose toda como unha caldeira que está sobre un grande lume, e a escuma caía sobre os cumios de ambos escollos. Mais, apenas sorbía a salobre auga do mar, mostrábase axitada interiormente, o peñasco soaba arredor con espantoso ruído, e no fondo descubríase a terra mesturada con cerúlea area. O palido temor enseñorouse dos meus, e mentre contemplabamos a Caribdis, temerosos da morte, Escila arrebatoume da cóncava embarcación os seis compañeiros que máis sobresalían polas súas mans e a súa forza. Cando quixen volver os ollos á veleira nave e aos amigos, xa vin no aire os pes e as mans dos que eran arrebatados ao alto e chamaban por min co corazón aflixido, pronunciando o meu nome pola vez postreira.

Adaptado ao Galego da tradución ao español de Luis Segalá y Estalella (1927), via Wikisource.


Escila e Caribdis eran dous monstros da mitoloxía grega, que atopamos na Odisea de Homero e na Eneida de Virxilio. Estaban situados a ambos os dous lados dun estreito, e tiñan diferentes formas e caracteristicas. Escila era un monstruo terrestre, que tería partes de muller, peixe e can, así como unha grande forza e voracidade. En cambio, Caribdis era un monstruo mariño que succionaba e expulsaba enormes cantidades de auga diariamente, de modo que creaba enormes remuíños.



Os mariñeiros ao tentar evitar un dos dous perigos arrimábanse demasiado ao outro, quedando igualmente condenados. Odiseo, segundo a literatura, recibiu o consello de Circe, unha ninfa, evitando a Caribdis e achegándose máis a Escila, que só matou a seis dos seus compañeiros, mentres que Caribdis tería destrozado o barco.

Este texto ten por unha parte a interpretación do sacrificio necesario para evitar un mal maior (perder seis homes ou perder o barco e toda a tripulación) aínda que outros tamén ven nel unha ensinanza pola cal haberíase de preferir o mal visible con consecuencias danosas pero coñecidas ao mal invisible con consecuencias descoñecidas. Finalmente, considérase que a frase "entre Escila e Caribdis" era o equivalente clásico ao actúal "entre a espada e a parede".

No hay comentarios:

Publicar un comentario