Non só de Android vive o home. Por iso, dende Mallando na e-ira, un blogue no que, no que a sistemas operativos móbiles defendemos Android, non quixemos perder a oportunidade de probar dous terminais con Windows Phone 7, o sistema operativo móbil de Microsoft.
Sen afondar moito, direi que ten unha interface bastante conseguida, moi chamativa visualmente falando, o que para un usuario pasivo (que non lle vaia sacar máis partido a un terminal ca mirar o correo, sacar fotos e redes sociais) é abondo. Agora que, para vós, que sodes usuarios esixentes (guiño guiño) e que queredes sacarlle o máximo partido ao voso móbil, non vo-lo recomendo.
Vexamos un pouco máis destes dous terminais
Samsung Omnia 7
O Omnia 7 con pantalla Super AMOLED de 4 polgadas e resolución de 480x800 e pantalla de 5 MP con autofocus.
O procesador está fabricado por Qualcomm e é de 1 GHz. Trae tamén unha memoria interna de 16 GB, ampliábel a través de microSD.
Ten WiFi, GPS, sensor de proximidade, acelerómetro, radio FM, Bluetooth.. vamos, que é dos que traen de todo. Podedes velo en funcionamento no seguinte vídeo
HTC HD7
O HD7 está fabricado por HTC e conta cunha pantalla táctil de 4.3 polgadas de 480x800 de resolución. Vén cun procesador de 1 GHz e 8 GB de memoria interna.
A cámara é de de 5 MP, con enfoque automático e dobre flash LED. Grava vídeo a 720p en HD. Todo o contido multimedia é facilmente compartíbel a través de SkyDrive, o disco duro virutual de Microsoft.
En canto a outros servizos, ten WiFi, GPS interno (vencellado a tecnoloxía Bing Maps), acelerómetro..
Vexámolo en vídeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario