Con este título George Lakoff reflexiona sobre o concepto de categorización.
Segundo nos explica no libro (a partir de Dixon, 1982), na lingua Dyirbal, en Australia, temos catro tipos de categorías:
Así, en Dyirbal aparecen catro categorías, mutuamente exclusivas, da cal a cuarta está caracterizada por ser un 'caixón de sastre' no que entran as palabras que non entran nas outras tres. As categorías están definidas prototípicamente, (I. Homes, II. Mulleres, III. Plantas comibles), e a partir destes prototipos formanse cadeas de ideas baseadas nos "dominios de experiencia común"¹ que van incorporando palabras a cada unha das categorías. Finalmente, funciona un principio de oposición, que fai que se un elemento contrasta con outro, sexa asignado a unha categoría diferente.
Lakoff defende que estes mecanismos de categorización (o uso de caixóns de sastre, deprototipos, de principios de oposición e de identidade baseada nos dominios de experiencia común) son tan validos como os empregados pola categorización occidental, formando todos parte dun sistema universal de principios de categorización que dan lugar a diferentes categorías en cada cultura dependendo da súa aplicación.
Podes descargar o libro aquí.
NOTAS:
¹ Un dominio de experiencia común refírese ao conxunto de aspectos presentes nunha actividade dada. Por exemplo, o campo de experiencia común da pesca pode incluír, sempre que non se inclúan estes elementos noutro campo de experiencia, os peixes, os utensilios, a barca empregada, etc.

I. Bayi: men, kangaroos, possums, bats, most snakes, most fishes, some birds, most insects, the moon, storms, rainbows, boomerangs, some spears, etc.Esta categorización, que a ollos occidentais parece pouco menos que arbitraria, é desentrañada até chegar a amosar características que fan que sexa lóxica, mais con elementos de cohesión dificilmente aceptables na categorización occidental tradicional, baseada unicamente nas similitudes e diferencias visibles (por exemplo, animado vs. non animado)
II. Balan: women, bandicoots, dogs, platypus, echidna, some snakes, some fishes, most birds, fireflies, scorpions, crickets, the hairy mary grub, anything connected with water or fire, sun and stars, shields, some spears, some trees, etc.
III. Balam: all edible fruit and the plants that bear them, tubers, ferns, honey, cigarettes, wine, cake
IV. Bala: parts of the body, meat, bees, wind, yamsticks, some spears, most trees, grass, mud, stones, noises and language, etc.
Así, en Dyirbal aparecen catro categorías, mutuamente exclusivas, da cal a cuarta está caracterizada por ser un 'caixón de sastre' no que entran as palabras que non entran nas outras tres. As categorías están definidas prototípicamente, (I. Homes, II. Mulleres, III. Plantas comibles), e a partir destes prototipos formanse cadeas de ideas baseadas nos "dominios de experiencia común"¹ que van incorporando palabras a cada unha das categorías. Finalmente, funciona un principio de oposición, que fai que se un elemento contrasta con outro, sexa asignado a unha categoría diferente.
Lakoff defende que estes mecanismos de categorización (o uso de caixóns de sastre, deprototipos, de principios de oposición e de identidade baseada nos dominios de experiencia común) son tan validos como os empregados pola categorización occidental, formando todos parte dun sistema universal de principios de categorización que dan lugar a diferentes categorías en cada cultura dependendo da súa aplicación.
Podes descargar o libro aquí.
NOTAS:
¹ Un dominio de experiencia común refírese ao conxunto de aspectos presentes nunha actividade dada. Por exemplo, o campo de experiencia común da pesca pode incluír, sempre que non se inclúan estes elementos noutro campo de experiencia, os peixes, os utensilios, a barca empregada, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario