Xa hai bastante que publicamos unha entrada onde explicabamos o proceso de fonación, isto é, o proceso mediante o cal a vibración das cordas vocais, posteriormente filtrada a través do tracto vocal, orixina ondas sonoras.
A fonética acústica traballa co estudo destas ondas sonoras, e para estudalas necesita un sistema de representación. Tres son os sistemas de representación máis habituais das ondas sonoras.
O Oscilograma
Coñecido en inglés como waveform, representa o tempo na abscisa e a amplitude na ordenada.

O oscilograma permite averiguar o periodo, e, consecuentemente, a frecuencia fundamental, da onda sonora representada. Tamén permite recoñecer a simple vista se o son é periódico ou aperiódico.
O espectro
O espectro representa as frecuencias na abscisa e as amplitudes na ordenada. Emprégase para amosar os distintos compoñentes dunha onda complexa xa descomposta nun momento no tempo. Hai dous tipos de espectros. No primeiro, represéntanse os harmónicos dunha onda complexa, mentres que no segundo, amósase a curva envolvente da forma que adquiren os harmónicos, amosando os formantes, isto é, os grupos de frecuencia amplificados despois de pasar polo tracto vocal.
Aquí podemos ver un exemplo do primeiro tipo, denominado frecuentemente Fast Fourier Transform (FFT).

E do segundo tipo, denominado Linear Predictive Coding (LPC)

Os espectrogramas
O terceiro tipo de representación son os espectrogramas. Neles represéntanse as frecuencias na ordenada e o tempo na abscisa, mentres que a amplitude represéntase mediante o uso da escala de grises ou de cores.

Hai dous tipos principais de espectrogramas, dependendo no filtro empregado durante o proceso de descomposición da onda complexa. Se o filtro é de 150Hz ou máis, denomínase espectrograma de banda ampla, e se é de menos de 150Hz, espectrograma de banda estreita.
Os espectrogramas de banda ampla permiten ver as estrias dos impulsos glotais, isto é, o peche e apertura das cordas vocais, mentres que os de banda estreita permiten ver os harmónicos individualmente. Porén, para ver as agrupacións de harmónicos que forman os formantes é mellor o espectrograma de banda ampla.
Bibliografía:
MARTÍNEZ CELDRÁN, Eugenio (1998): Análisis espectrográfico de los sonidos del habla. Barcelona:Ariel
Imaxes reproducidas por cortesía de Iago Varela e Manuel García.

No hay comentarios:
Publicar un comentario