Isto é un arrefriador de botellas, para fabricalo, o autor crea tres estruturas de arame que serven de soporte para sendas toallas que mete nun caldeiro perforado. O funcionamento é tan simple coma o dun botixo, ben, en realidade o funcionamento é o mesmo có dun botixo: ao evaporarse a auga, o medio arrefría. Xa está, é suficiente con humedecer as toallas e deixar que se vaian secando para que absorba a calor das bebidas.
O sistema do botixo é exactamente o mesmo, a auga empapa o botixo, esa auga evapórase arrefriando a auga que hai no interior. Canto máis seco e quente sexa o aire mellor funcionará debido a que se evaporará máis cantidade de auga.

Enlace Instructables [en]: Dew Bucket : Evaporative Drink Cooler.
Buscando información para a entrada atopei unha entrada máis que recomendable sobre unha neveira cun funcionamento similar [es]: El efecto botijo.
Enlace Wikipedia [es]: Botijo.
Buscando información para a entrada atopei unha entrada máis que recomendable sobre unha neveira cun funcionamento similar [es]: El efecto botijo.
Enlace Wikipedia [es]: Botijo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario