24 jul 2010

LDK 10: Como se posicionan os GPS

Os receptores GPS (do inglés, Global Position System) de uso comercial (GPS para automóbiles, de uso deportivo, en móbiles...) precisan para situarnos de cando menos 3 satélites, inda que o habitual e que haxa entre 6 e 8 satélites na área de visión do receptor. Doutra banda, na memoria interna do aparello teranse precargados uns calendarios coas órbitas dos satélites que emprega, para saber onde estarán nun determinado momento.

A partires de aí, o posicionamento efectúase en 3 pasos.
  1. Cando se detecta o primeiro satélite, créase unha esfera virtual con centro no propio satélite e cuxo radio é a distancia satélite-receptor. Logo, o receptor asume que está nun punto de dita esfera, inda que non é capaz de precisar en cal.
  2. Ao detectar un segundo satélite, créase unha nova esfera virtual, que se superpón á primeira, creando un anel imaxinario que pasa polos 2 puntos de intercepción de ambas esferas. O receptor sabe entón que só pode estar nun deses 2 puntos.
  3. Co terceiro satélite detectado xérase outra esfera virtual, que se corta cun extremo do anel creado nun punto do espazo e na superficie da Terra. Cunha serie de cálculos, o receptor discrimina o punto situado no espazo
Chegados a este punto, o receptor xa é capaz de amosar as coordenadas da súa posición (latitude e lonxitude). Se ademais quixésemos saber a altitude sobre o nível do mar precisaríamos dun cuarto satélite e trazar unha nova esfera.

Recurso adicional: How GPS works (vídeo, en inglés)

No hay comentarios:

Publicar un comentario