27 sept 2011

LDK 193: Os cromatóforos dos cefalópodos

A coloración que teñen os cefalópodos como os polbos (Octopus vulgaris) ou as luras (Loligo vulgaris) débese a unhas células pigmentadas que teñen na pel chamadas cromatóforos. Estas células están rodeadas por unhas pequenas células musculares. Cando as células musculares se contraen os cromatóforo alónganse e fanse máis visibles, si se relaxan o pigmento concéntrase e faise menos visible.
Choco con patrón de coloración cebrado
[Foto de Sebastian Niedlich]


Algunhas especies, como o polbo de aneis azuis Hapalochlaenalunulata, conteñen cromatóforos de varias cores superpostos, istocrea unha variedade maior de coloracións na pel. Noutros casos, como o dos chocos (Sepia officinalis), aínda que só teñencromatóforos dunha cor (negra) forman patróns de coloración moicomplexas. Moitos destes patróns imitan o fondo do mar como mecanismo decamuflaxe, e outros, como os cebrados, teñen que ver cocomportamento, coas relacións "sociais".

Por debaixo da capa de cromatóforos existe unha capa deiridocitos ou células reflectoras que aumentan os efectos dapigmentación dos cromatóforos e reflexan a luz ambiental dándolleese lixeiro aspecto brillante que teñen estes animais.Ademais, a capa da pel situada por debaixo dos iridocitos é unhacapa muscular o que tamén lle permite ao animal crear relevos napel. Así, por exemplo, cando un polbo se ve ameazado, contrae esa capa muscular de forma que apel adquire un aspecto espiñoso, o que lle da ao animal unha apariencia moiagresiva



Neste video pode verse como se activan os cromatóforos e o efecto que crean sobre a pel dos chocos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario