1 sept 2011

LKD 183: A proba do nove na división

Cando nos ensinaron a dividir, no colexio, ensináronnos tamén un xeito sinxelo de comprobar se o resultado calculado era ou non correcto: a proba do nove. Co paso do tempo estas pequenas artimañas van ficando no esquecemento, polo que hoxe queremos lembrar para olvidadizos, ou ensinar para quen non coñecera, como se fai a proba do nove.

Trátase dun método que funciona na meirande parte dos casos, é dicir, se o resultado de aplicar a proba do nove dá que é incorrecta a división, podemos afirmar que esta é incorrecta. No caso de que o resultado sexa positivo (división correcta) non se pode garantir ao 100% que esté ben realizada.

O método consiste en ir sumando as diferentes cifras dos números que forman parte do dividendo, divisor, cociente e resto, reducindo até ter un número cunha única cifra. Feito isto, débese comprobar se a cifra resultante de aplicar este método correspondente ao divisor (D) coincide coa cifra obtida a partires da operación d x c + r, como podemos ver no seguinte exemplo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario