24 sept 2011

LDK 192: Por que as baterías dos móbiles teñen máis de 2 terminais


As baterías dos nosos móbiles e outros aparellos electrónicos adoitan ter 3 terminais de conexión, aínda que algunhas BlackBerry's e Android's (entre outros moitos) teñen 4. 

É doado imaxinar para que sirven o primeiro e o segundo: son os polos positivo e negativo. Pero o terceiro? O terceiro é o encargado de recoñecer se está ou non colocada a batería e tamén o responsábel de comunicar o estado de carga (o que se nos amosa na pantalla).

Como comentamos máis arriba, algúns dispositivos teñen ademais un cuarto terminal que leva conta da temperatura da batería para evitar sobrequecementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario