22 sept 2011
LDK 191: O brillo dos ollos de gato na escuridade
Seguro que máis dunha vez conducindo de noite pola estrada viches un par de puntos que brillaban na escuridade pertencentes aos ollos dun gato.
Cando algún tipo de luz impacta nos ollos dun gato no medio da escuridade, estes resplandecen de maneira singular gracias a unha estrutura presente na súa anatomía ocular que non é outra cousa que un espello curvo que recubre a súa retina.
A retina é unha superficie tapizada de terminacións nerviosas sensibles á luz, en forma de conos ou bastóns, que son coñecidas como "fotorreceptores". Estes elementos son os que detectan puntos de luz e envían a información da imaxe ao cerebro.
Nos gatos, a superficie que hai detrás dos fotorreceptores reflicte a luz, compórtase como un espello. A luz que pasa entre os fotorreceptores choca nesa superficie especular e volve cara atrás. Desa maneira a natureza ofrecelle á luz unha segunda oportunidade de ser detectada. Isto sucedelle aos gatos, aos cans e a outros animais.
Se enfocamos ao animal en plena noite cunha fonte luminosa, como os faros dun coche ou cunha lanterna por exemplo, a luz penetra ata o interior do ollo, porque as súas pupilas están dilatadas. Unha boa parte desa luz é reflectida polo fondo de espello das súas retinas e devolta cara a nós. Parécenos entón que os ollos se acenden na escuridade, pero en realidade limítanse a devolver a luz que recibiron.
Ademais, este mecanismo ten un dobre efecto, xa que tamén actúa como unha ameaza disuasoria para os posibles predarores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario