30 ago 2011

LDK 182: Sobre as liñas nos mapas



Probablemente moitos de vós coñeceredes esta escena, é parte do final de O Código da Vinci, e nela Langdon (Tom Hanks) segue unha nova pista na súa búsqueda do Grial, a que relaciona o Meridiano de París cun importante número de templos e lugares relacionados co esoterismo.

Como esta, hai outras moitas liñas no mundo, como as Ley Lines en Inglaterra, entre as que destaca a de San Miguel, unindo santuarios dedicados a este santo ao longo de todo o Sur de Inglaterra.



A estas alturas estarédevos preguntando se vos confundistes de blogue e fostes dar nalgún blogue esotérico. E non, non vos confundistes.

En realidade estas liñas existen porque dado un número suficiente de mostras localizadas xeograficamente sempre se van producir patróns poligonais ou liñas. E é que, se unha liña é un seguimento continuo de infinitos puntos, basta con seleccionar os puntos relevantes e ocultar aqueles que poderían estropear a suposta "aliñación" para termos unha liña con supostos valores esotéricos.

Rematamos do mesmo xeito que o post que nos inspirou esta entrada, do moi recomendado blogue Strange Maps, citando a Matthew Johnson en 'Archaeological Theory: An Introduction':

Ley lines do not exist. This was shown by Tom Williamson and Liz Bellamy in Ley Lines in Question, which analysed such lines statistically and showed that the density of archaeological sites in the British landscape is so great that a line drawn through virtually anywhere will 'clip' a number of sites.

No hay comentarios:

Publicar un comentario