Falabamos fai uns días de BMW e diciamos que esta marca de automóbiles e motocicletas comezara no mundo da aviación. Resulta que, cun excedente de motores da Segunda Guerra Mundial, decidiron montar un motor de avión V12 de 46 litros de cilindrada e 500 cv de potencia nun BMW VI de 1926 (un turismo). Para que vos fagades unha idea, un utilitario medio actual non chega a ter un motor de 2 L de capacidade que ronda os 100 cv de potencia.
Todo isto tradúcese nun coche cunha potencia esaxeradísima que se emprega para correr en circuÍtos ovalados tipo NASCAR e evidentemente non resulta práctico en ningún momento. No seguinte vídeo mostramos como brúa o motor con ese son tan característico dun motor de avión arrincando:
Vía @_pepito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario