Nas anteriores entradas desta serie definimos as falacias formais e as falacias por xeralización de inducción errónea. Na entrada de hoxe trataremos outro tipo de falacia, as falacias de causa falsa.
As falacias de causa falsa son aquelas que se basean na identificación errónea dunha causa, de tal forma que a consecuencia non é válida por mor da causa ser errónea. Dentro deste tipo de falacia atopamos múltiples subtipos:
Cum hoc ergo propter hoc: Esta falacia baséase en asumir que elementos que coaparecen están nunha relación de causalidade. Por exemplo:
Post hoc ergo propter hoc: Esta falacia, variable da anterior, baséase en que un suceso que aparece despois de outro é consecuencia deste. Por exemplo:
Falacia da causa simple ou relación espuria: Este tipo de falacias baséase na asignación dunha causa simple a un fenómeno, cando pode estar causado tanto por un elemento dun conxunto como por unha combinación de diferentes causas. É unha falacia moi empregada por membros de gobernos para reivindicar éxitos da súa acción de goberno ignorando outras causas que puidesen ter levado a unha situación semellante. Por exemplo, o asignar unha maior venta de protector solar a unha campaña de concienciación do seu uso por parte do goberno podería ser un exemplo desta falacia, se non se toman en cuestión outros factores, como a maior intensidade do sol, a variabilidade do prezo, a mellora do produto...
Circularidade de causa e consecuencia ou falacia do ovo e a galiña. Esta falacia prodúcese cando a consecuencia pode ser a causa da súa causa, é dicir, cando hai unha circularidade entre elas, como a que se produce entre un ovo e unha galiña. É por isto que non hai resposta non ambigua para dilemas do tipo: Que foi antes o ovo ou a galiña? Outro exemplo ben coñecido disto é a paradoxa de non poder obter traballo sen experiencia e non poder obter experiencia sen traballo.
Petitio principii: Esta falacia dáse cando a consecuencia a probar aparece entre as premisas que hai que aceptar para chegar a esta consecuencia. Por exemplo, en moitos debates sobre aspectos morais o argumento a probar dase xa desde as premisas:
Plurium interrogationum ou falacia das moitas preguntas: Esta falacia prodúcese cando nunha pregunta o interrogador presupón algo non probado, de tal forma que o simple feito de contestar levaría á admisión da verdade desa presuposición. Exemplo:
Non sequitur: Esta falacia prodúcese cando as causas dadas para unha consecuencia son irrelevantes. Exemplos:
Falacia da regresión. Consiste na asunción dunha causa que non existe. Esta falacia aparece moi habitualmente na bolsa, en manifestacións como:
Falacia do francotirador: A falacia do francotirador consiste na asunción voluntaria dunha conclusión xeral e a súa presentación como tal a partir dunhas premisas dadas que se cumplen nese caso pero que non validan a súa xeralización. O nome desta falacia vén dun francotirador, que despois de disparar ao azar debuxou as dianas ao redor dos tiros para tentar demostrarse como francotirador. A forma de testar esta falacia é volver a validar a conclusión con outras premisas diferentes. Esta falacia é unha das falacias a evitar durante a construción do método científico. É por isto que as mostras coas que se constrúe unha hipótese teñen que ser diferentes daquelas coas que se valida.
Falacia da dirección incorrecta: Prodúcese cando a consecuencia e a causa están intercambiadas. Exemplo disto é, por exemplo, considerar determinados parasitos como elementos positivos porque só se presentan en individuos sans cando en realidade son causantes de enfermidades que abandonan o corpo dos enfermos unha vez infectados.
Argumentum ad consequentiam: Esta falacia consiste en validar ou negar a validez dunha premisa ou serie de premisas baseándose no grado de deseabilidade das consecuencias. Exemplo:
Argumentum ad baculum. Falacia que consiste en asumir unha premisa como verdadeira a causa de que as súas consecuencias hipotéticas serían moi nocivas. Un exemplo disto é xustificar o ataque a un país por mor de que se tiver armas de destrución masiva podería causar moito dano.
Falacia do punto medio ou da moderación. É a falacia que aparece ao tentar xustificar como posición verdadeira ou mellor aquela que aparece no medio de dúas posicións extremas, e facelo polo mero feito de estar no medio. Exemplo:
Recurso de probabilidade. Consiste en asumir que porque un feito é moi frecuente, terminará por ocorrer nalgún momento. Úsase para crear medo e paranoia ou como recurso publicitario. Exemplo:

As persoas que durmen cos zapatos postos adoitan ter dor de cabeza á mañáObviamente, isto non é certo, e mesmo pode ser que unha borracheira sexa a causa común a ambos fenómenos.
Durmir cos zapatos postos causa dor de cabeza.
Post hoc ergo propter hoc: Esta falacia, variable da anterior, baséase en que un suceso que aparece despois de outro é consecuencia deste. Por exemplo:
O galo canta antes de saír o sol.Obviamente, o canto do galo non fai saír o sol. Aínda que desde o noso punto de vista este tipo de falacias sexa burdo e claramente identificable como falso, é un tipo de razoamento que se atopa detrás de moitos dos mitos e supersticións de diferentes culturas.
O canto do galo fai saír o sol.
Falacia da causa simple ou relación espuria: Este tipo de falacias baséase na asignación dunha causa simple a un fenómeno, cando pode estar causado tanto por un elemento dun conxunto como por unha combinación de diferentes causas. É unha falacia moi empregada por membros de gobernos para reivindicar éxitos da súa acción de goberno ignorando outras causas que puidesen ter levado a unha situación semellante. Por exemplo, o asignar unha maior venta de protector solar a unha campaña de concienciación do seu uso por parte do goberno podería ser un exemplo desta falacia, se non se toman en cuestión outros factores, como a maior intensidade do sol, a variabilidade do prezo, a mellora do produto...
Circularidade de causa e consecuencia ou falacia do ovo e a galiña. Esta falacia prodúcese cando a consecuencia pode ser a causa da súa causa, é dicir, cando hai unha circularidade entre elas, como a que se produce entre un ovo e unha galiña. É por isto que non hai resposta non ambigua para dilemas do tipo: Que foi antes o ovo ou a galiña? Outro exemplo ben coñecido disto é a paradoxa de non poder obter traballo sen experiencia e non poder obter experiencia sen traballo.
Petitio principii: Esta falacia dáse cando a consecuencia a probar aparece entre as premisas que hai que aceptar para chegar a esta consecuencia. Por exemplo, en moitos debates sobre aspectos morais o argumento a probar dase xa desde as premisas:
Este tipo de falacia é máis efectiva cando se consigue facer esquecer ao interlocutor que o razoamento está construído sobre unha premisa non aceptada.
-Abortar é matar un feto.
-Matar é delito.
Logo abortar ten que ser delito.
Plurium interrogationum ou falacia das moitas preguntas: Esta falacia prodúcese cando nunha pregunta o interrogador presupón algo non probado, de tal forma que o simple feito de contestar levaría á admisión da verdade desa presuposición. Exemplo:
Despois de roubar o coche, tivo un accidente?
Volvécheslle pegar a túa irmá?
Non sequitur: Esta falacia prodúcese cando as causas dadas para unha consecuencia son irrelevantes. Exemplos:
Gústanme os avións, por iso fago paracaidismo. Non compro nesa tenda porque un día non tiñan o que quería.
Falacia da regresión. Consiste na asunción dunha causa que non existe. Esta falacia aparece moi habitualmente na bolsa, en manifestacións como:
Foi comprar eu e que caeran as accións.En realidade está demostrado que é moi habitual, pola influencia das novas sobre a evolución da bolsa na psique do inversor, que as transaccións de compraventa de accións se produzan en momentos que favorecen pouco ao inversor. É outro exemplo de razoamento que está detrás de supersticións e asuncións de infortunios.
Falacia do francotirador: A falacia do francotirador consiste na asunción voluntaria dunha conclusión xeral e a súa presentación como tal a partir dunhas premisas dadas que se cumplen nese caso pero que non validan a súa xeralización. O nome desta falacia vén dun francotirador, que despois de disparar ao azar debuxou as dianas ao redor dos tiros para tentar demostrarse como francotirador. A forma de testar esta falacia é volver a validar a conclusión con outras premisas diferentes. Esta falacia é unha das falacias a evitar durante a construción do método científico. É por isto que as mostras coas que se constrúe unha hipótese teñen que ser diferentes daquelas coas que se valida.
Falacia da dirección incorrecta: Prodúcese cando a consecuencia e a causa están intercambiadas. Exemplo disto é, por exemplo, considerar determinados parasitos como elementos positivos porque só se presentan en individuos sans cando en realidade son causantes de enfermidades que abandonan o corpo dos enfermos unha vez infectados.
Argumentum ad consequentiam: Esta falacia consiste en validar ou negar a validez dunha premisa ou serie de premisas baseándose no grado de deseabilidade das consecuencias. Exemplo:
Este político non roubou os cartos porque se así fose tería perdido as eleccións.
Argumentum ad baculum. Falacia que consiste en asumir unha premisa como verdadeira a causa de que as súas consecuencias hipotéticas serían moi nocivas. Un exemplo disto é xustificar o ataque a un país por mor de que se tiver armas de destrución masiva podería causar moito dano.
Falacia do punto medio ou da moderación. É a falacia que aparece ao tentar xustificar como posición verdadeira ou mellor aquela que aparece no medio de dúas posicións extremas, e facelo polo mero feito de estar no medio. Exemplo:
En Oriente moitas mulleres teñen que levar burka, e en occidente non. Unha boa solución podería ser que todas tivesen que levar pano.
Recurso de probabilidade. Consiste en asumir que porque un feito é moi frecuente, terminará por ocorrer nalgún momento. Úsase para crear medo e paranoia ou como recurso publicitario. Exemplo:
Hai moitos hackers, deberías protexer o teu ordenador o máximo posible porque seguro que nalgún momento vas ser atacado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario