As funcións trigonométricas son as relacións, que se empregan na trigonometría, entre un ángulo dun triángulo rectángulo e os lados destes. Son 6, seno, coseno, tanxente, cosecante, secante e cotanxente; pero están relacionadas a pares, de maneira que a cosecante é a inversa do seno (1/sen), a secante é a inversa do coseno e a cotanxente é a inversa da cotanxente.
O seno dun ángulo é a unha función trigonométrica definida pola razón entre o cateto oposto ao ángulo e a hipotenusa (na figura, a/c), ou o que é o mesmo, o que vale o cateto oposto, cando a hipotenusa vale 1. A cosecante é hipotenusa dividida entre o cateto oposto.
Por outra banda, o coseno dun ángulo é a función trigonométrica definida pola razón entre o cateto contiguo e a hipotenusa (na figura, b/c), ou o que é o mesmo, o valor do cateto contiguo, cando a hipotenusa vale a unidade. A secante é a hipotenusa dividida entre o cateto contiguo.
E para rematar temos a tanxente dun ángulo , que se obtén de dividir o cateto oposto entre o cateto contiguo e, ademais, coincide co valor da pendente da recta. A cotanxente é a división do cateto contiguo entre o cateto oposto.
Finalmente, aproveitamos para dicir que existe un triángulo que se denomina Triángulo exipcio, que é probablemente triángulo rectángulo máis fácil de construír, xa que un cateto mede 3 unidades, o outro 4 e a hipotenusa mide 5 unidades. Ademais, este triángulo ten un ángulo de aproximadamente 36,87º, e o outro de 53,13, pero eses non son os importantes, o importante é que aplicando estas proporcións, conseguimos o terceiro ángulo, un ángulo recto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario