9 jul 2011

LDK 160: De onde vén a palabra láser?

Todo o mundo oíu falar do láser e, quen máis e quen menos ten unha leve intuición do que é un láser. Mais o que pouca xente coñece é de onde vén esa denominación que, como moitas outras do sector é froito dun acrónimo.

O termo láser provén de Light Amplification by Stimulated Emission of Radiation, que traducido sería "amplificación de luz por emisión estimulada de radiación", mais hoxe en día, esta definición non se podería tomar ao pé da letra, polas seguintes razóns:
  • O termo 'luz' orixinal quedou obsoleto, xa que hoxe englobaría calquera radiación electromagnética, independentemente da súa frecuencia e non só o que sería a luz visíbel.
  • Os láseres de hoxe en día poden producir luz, polo que serían osciladores ópticos en vez de "amplificadores", como se di no termo orixe.

Doutra banda, cómpre sinalar que tamén existe a denominación máster, aínda que está orientada aos láseres que traballan en microondas. Esta separación non é por outra cousa mais que porque os máster foron inventados antes que os láser, que englobarían un rango moito maior de onda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario