2 jun 2011

LDK 144: O primeiro walkie talkie


Si, o que aparece na imaxe superior é un walike talkie. Pode que non teña a forma máis habitual á que estamos acostumados, pero este modelo en concreto ten unha peculiaridade: é o primeiro walkie talkie como tal, o Motorola SCR-300.

A orixe do walkie- talkie é, como non, militar. Naceu para cubrir a necesidade de comunicarse entre as bases e as tropas distribuídas polo terreo, que podían moverse entre diferentes emprazamentos.

As comunicación destes dispositivos veñen caracterizadas por ser semi dúplex, é dicir, só se pode transmitir nun sentido á vez, e por ter un botón que hai que pulsar para comezar a transmisión (push to talk).

En 1940, Motorola rematou o primeiro dispositivo coñecido como walkie-talkie, froito dun encargo do Departamento de Defensa no que se lle solicitaba un dispositivo que cumplise unha serie de características:
  • Portabilidade
  • Alimentado por batería
  • 'Certo' alcance.
O resultado foi un dipositivo cuxas bandas oscilaban entre os 40.0 e 48.0 MHz, divididos en 41 canles de 200 KHz, cun alcance dunhas 3 millas (4,8 Km), do que se farían 50.000 unidades.


Fonte: Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario