Para pechar o repaso das eleccións británicas do día 5, quédanos falar do sistema empregado nas eleccións á Asemblea de Irlanda do Norte.
Este sistema é o sistema de voto transferible, un sistema empregado para tranferir votos a segundas preferencias en circunscricións con varios representantes (no caso de Irlanda do Norte, 6 representantes por circunscrición). Ao igual que no Alternative Vote, os electores atópanse nas papeletas cunha serie de candidatos, que teñen que marcar en orde ascendente de preferencia. Mais o cambio importante prodúcese no proceso de escrutinio.
Como dicíamos, neste sistema as circunscricións escollen varios representantes. Para escoller a un representante como "electo" este ten que pasar a cuota. A cuota é o resultado da seguinte operación: 1 + Número de votos validos / (Número de representantes a escoller +1)
O escrutinio realízase do seguinte xeito:
Na primeira volta, cóntase o número de votos en primeira preferencia. Se algún (ou varios) candidato supera a cuota, é declarado electo, e os demais candidatos pasan á seguinte ronda. Do contrario, o candidato co menor número de votos é declarado eliminado.

Polo tanto, ao final de cada ronda, polo menos un candidato queda electo ou eliminado. Cando ocurre isto, tómanse, ben os votos do candidato eliminado, ben o exceso dos votos do candidato electo sobre a cuota, e repártense proporcionalmente entre os candidatos de segunda preferencia dos electores dese candidato, sumándose aos que xa tiñan como primeira preferencia.
Este proceso repetirase até que se cubran todos os postos a escoller.
Podedes consultar os resultados das eleccións á Asemblea de Irlanda do Norte aquí.
Gráfico tomado da BBC.

No hay comentarios:
Publicar un comentario