30 abr 2011

LDK 130: Enxeñaría inversa

A enxeñaría inversa é un termo que se emprega para definir o proceso mediante o cal, partindo dun produto final, inténtase coñecer o material co que foi fabricado, así como tamén como funciona.

As aplicacións deste proceso de enxeñaría son do máis variadas, inda que o máis frecuente é a súa utilización en procesos de fabricación de hardare electrónico (computadores, smartphones...) e software (sistemas operativos, programas...).

En dispositivos hardware, o proceso consiste en desmontalo e ir vendo que leva dentro e como se conecta. Isto fai que se poidan fabricar dispositivos semellantes en canto a características sen incorrer en proceso de copia, posto que é raro que un fabricante fabrique todas as pezas que leva o seu produto, e adoita ser unha ensamblaxe de pezas fabricadas por outros que hai no mercado.

No caso do software fanse probas para descubrir como funciona, que fai se fago tal cousa, sen dispoñer do código fonte. Xeralmente, a xente que fai as probas non é a mesma que programa o software alternativo. Estes últimos adoitan chamarse virxes, porque non coñecen o código nin fixeron os tests. Danlles as caracterísitcas e funcións que debe cumplir o produto software desexado e o desenvolven de cero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario