Polo Sistema Internacional de Unidades empregamos o metro (m) como unidade para medir lonxitudes. Se o que queremos é medir unha área, teremos que medila en metros cadrados (m2), é dicir, a unidade é un cadrado dun metro de lado. Da mesma maneira, se queremos medir un volume, multiplicámolo por un metro máis e temos metros cúbicos (m3), é dicir, un cubo dun metro de lado.
Existe unha pequena diferenza entre volume e capacidade, o volume é o espazo que ocupa un corpo, mentres que a capacidade é o espazo baleiro que hai dentro dun elemento e que pode ser ocupado. A unidade de medida para o volume, como xa dixemos, é o metro cúbico, mentres que a unidade que empregamos para a capacidade é o litro (L ou l, poñemos a L maiúscula para non confundir co número un).
As medidas de volume e capacidade están relacionadas, de maneira que un decímetro cúbico (dm3) é equivalente a un litro. Agora imos facer un par de operacións de múltiplos e submúltiplos destas unidades para vermos as relacións. Empezamos vendo a relación entre dm3 e cm3:
1 dm3 = 1 dm · 1 dm · 1 dm = 10 cm · 10 cm · 10 cm = 103 cm3 = 1 000 cm3
Por tanto:
1 dm3 = 1 L = 1 000 cm3 = 1 000 mL
1 cm3 = 1 mL
Imos agora relacionar o dm3 co m3:
1 m3 = 1 m · 1 m · 1 m = 10 dm · 10 dm · 10 dm = 1 000 dm3
1m3 = 1 000 L
Despois destas sinxelas operacións, podemos observar que se multiplicamos ou dividimos unha unidade lineal por 10 (por exemplo pasando de m a dm) teremos que multiplicar ou dividir por 100 se falamos dunha área ou por 1 000 se falamos dun volume. Desta maneira, podemos concluír que mentres que 0,30 m é igual a 30 cm; 0,300 m3 non son iguais a 30 cm3, son 300 000 cm3.

No hay comentarios:
Publicar un comentario