A maior parte dos motores de búsqueda permiten o emprego de operadores lóxicos booleanos, que permiten facer búsquedas máis precisas mediante a combinación dos termos de búsqueda cos diferentes operadores lóxicos dacordo coas nosas necesidades.
Como explicaba onte Iago, temos 3 operadores lóxicos básicos, OR, AND e NOT.
O uso dunha expresión con OR devolveranos os resultados nos que apareza calquera dos termos relacionados. Así, nunha base de datos de libros a búsqueda [Rosalía OR Curros] darános resultados que serán obras dun ou doutro ou de ambos autores.
O uso dunha expresión con AND devolveranos os resultados nos que aparezan os dous termos relacionados xuntos. [Rosalía AND Curros] darános resultados que serán obras de ambos autores, non as que escribiran individualmente.
Por último, se buscamos unha expresión con NOT devolveranos os resultados nos que non apareza o termo ao que se prefixa o NOT. [Rosalía NOT Curros] dáranos resultados que serán obras que escribiu Rosalía, excluíndo aquelas nas que participara Curros.

Porén, non todos os buscadores permiten facer unha búsqueda directa con operadores Booleanos, senón que en moitos deles hai que introducir símbolos que equivalen a estes.
Así, nalgúns, ao escribirmos varias palabras considérase que están unidas por OR, cubrindo AND e NOT co uso dos signos + e -

- Rosalía Curros (Rosalía OR Curros).
- +Rosalía +Curros (Rosalía AND Curros).
- Rosalía -Curros (Rosalía NOT Curros).
Noutros, como en Google, varias palabras sen nexo considéranse AND, e o OR habería que empregalo explicitamente, poñendo na búsqueda [Rosalía OR Curros]1

Por último, cabe indicar que os operadores lóxicos tamén están presentes nos menús de procura avanzada de diferentes buscadores, como o de Google Procura Avanzada sobre estas liñas. Neles, podemos relacionar os termos de búsqueda mediante un menú que substitúe o operador.
Así, con cando menos unha das palabras substitúe OR, con todas as palabras substitúe AND, e sen as palabras substitúe NOT. A estas opcións súmase coa frase exacta que permite a búsqueda dunha frase determinada.
NOTA:
1 O OR ten que ir en maiúsculas, se o escribides en minúsculas será tomado por un termo de búsqueda.

No hay comentarios:
Publicar un comentario