Temos conexións de 100 megas, noutros países de 1000... pero seguimos a ter gran parte do territorio mundial sen cobertura de Internet. E non fai falla irse lonxe, en Galiza, fóra das urbes ou poboacións importantes, ter conexións de 1 ou 3 megas é un luxo.
Iso mesmo deberon pensar en Microsat Systems, unha empresa canadiense que está a crear COMMStellation, un ambicioso proxecto que consiste nunha rede sateidal composta por 78 dispositivos coa que dotar cobertura global ao planeta.
Os satélites situaranse a baixa altitude, 1000 km, 8 veces máis baixos que outros servizos similares, co que se conseguirá unha latencia menor, así como un maior ancho de banda. En canto a velocidades, fálase de mínimas equivalentes a 3G.
A priori parece unha boa iniciativa, só quedaría saber en que condicións se vai a ofrecer o servizo (custes de instalación, de servizo...). E é que os 1000 millóns de dólares que custa levar a cabo todo o proxecto terán que rentabilizalos dalgún xeito.
Máis información: web do proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario