Un curta é unha calculadora mecánica inventada polo austríaco Curt Herzstark mentres estaba encerrado no campo de concentración de Buchenwald. Comezouse a comercializar no 1948 e permite facer dunha maneira moi sinxela as catro operacións básicas das matemáticas: sumar, restar, multiplicar e dividir.
Tamén tedes The CURTA Calculator Page, cunha gran cantidade de información sobre a mesma: manuais, simuladores, despezamentos, etc. E a continuación un vídeo en inglés no que se explica como empregala:
Para rematar deixo un segundo vídeo en español no que explican como facer unha multiplicación:
E onde se pode mercar? :D
ResponderEliminarBusca por ebay, e xa sabes cando é o meu cumple :)
ResponderEliminarpor 970$ vin algunha en bo estado ;) Iago, sei que non sabes cando é o meu cumpre, pero se tal dígocho ;) jaja
ResponderEliminarMira que me molou este LDK!
O meu xa foi, pero se mo queredes regalar polo meu santo ben podedes :)
ResponderEliminar