Esta semana, co MWC ás portas (no que Mallando terá a un enviado especial), en Mallando estivemos atentos a diversas novidades no mundo da investigación, como a saída do RD 99/2011 que regulará as ensinanzas de doutoramento de agora en adíante, e o novo plano de I+D+i da Xunta de Galicia, así como as críticas suscitadas por ambos os dous textos.
Por outra banda, tamén vimos como a BBC e outros medios británicos están aplicando as novas tecnoloxías de recoñecemento de voz para potenciar o subtitulado para persoas xordas para programas en directo, mediante un sistema no que en vez de empregar estenografía usan recoñecemento automático de voz re-locutada. Vímolo no programa See Hear da BBC. (Via @calustra). En calquera caso, e a pesar de todas as innovación técnicas, algunhas palabras poden ser difíciles de incorporar aos subtítulos, como por exemplo, o imperativo do verbo salirle, do que descubrimos que en español é imposible de escribir, mais non de dicir. (via @wicho)
Noutra orde de cousas, atopamos unha nova que, en contraposición cos argumentos de quenes están a favor da Lei Sinde, o Spotify, un programa que permite a reprodución online de música (gratis con anuncios, ou pagando), xa é a segunda fonte de ingresos de discográficas en Europa.
Tamén tivemos coñecemento esta semana da nova da creación dun servizo de acurtamento de URLs galego, creado por Dinahosting. Este servizo responde ao nome de ir.gl.
Por último, e antes de rematar, amosámosvos unha entrada na que se amosa un video que gravou o fotógrafo noruego Eirik Evjen, que captou unha fermosa aurora boreal nas illas Lofoten, en Noruega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario