Nas estruturas de formigón armado empréganse barras de aceiro para que absorban a tracción, nas que facemos a seguinte distinción: por unha banda, as armaduras activas coma o formigón pretensado, no que se tensan as barras para que traballen antes de entrar en carga; e pola outra banda, as armaduras pasivas, nas que se colocan as barras de aceiro e despois se bota o formigón de maneira que o aceiro non comece a traballar ata que a estrutura se deforma. As estruturas máis empregadas en edificación son as estruturas pasivas, as activas empréganse principalmente en enxeñería civil.
Emprégase unha serie normalizada que comprende os seguintes diámetros (en milímetros): 6, 8, 10, 12, 14, 16, 20, 25, 32 e 40. Ademais, as barras que se empregan nas armaduras pasivas son corrugadas, é dicir, teñen unhas protuberancias que facilitan o traballo conxunto das barras co formigón, e existen catro tipos: B 400 S, B 400 SD, B 500 S e B 500 SD. Na nomenclatura a B indica o tipo de aceiro, aceiro para formigón armado; o número define o límite elástico en N/mm2, e a letra, a S indica que é soldable e a SD que é soldable con características especiais de ductilidade.
Na obra, é preciso distinguir as barras con facilidade, xa que un erro na colocación das mesmas pode levar consigo risco na estabilidade estrutural. Para facilitar o recoñecemento, en primeiro lugar existen uns moldes do tamaño dun chaveiro (e que moitas veces se emprega como chaveiro) cos diámetros normalizados das barras, e para comprobalos chega con aproximar esta molde á barra e comparar o diámetro, pero a experiencia acábache dando a capacidade de recoñecer os diámetros a ollo.
A outra característica, a do tipo de aceiro, coñécese grazas ao deseño das corrugas das barras segundo unha regra. Primeiro é preciso dicir que todas as barras están divididas en dúas metades que poden levar dous tipos de corrugas:
E segundo a combinación das corrugas das dúas metades podemos distinguir os 4 tipos de aceiro:
Ademais do tipo de aceiro, podemos distinguir o país e a empresa de fabricación da barra (non o ferralleiro que preparou o armado da obra) para isto abonda con fixarse nas corrugas resaltadas da seguinte maneira:
Unha corruga normal entre dúas resaltadas implica o inicio da lectura, despois poñeranse tantas corrugas normais coma correspondan ao país, no caso de España, 7, e, para finalizar, colócanse outra serie de corrugas normais, de maneira que dentro de cada país, cada fábrica de barras teña asignado un número de corrugas.
Na obra, é preciso distinguir as barras con facilidade, xa que un erro na colocación das mesmas pode levar consigo risco na estabilidade estrutural. Para facilitar o recoñecemento, en primeiro lugar existen uns moldes do tamaño dun chaveiro (e que moitas veces se emprega como chaveiro) cos diámetros normalizados das barras, e para comprobalos chega con aproximar esta molde á barra e comparar o diámetro, pero a experiencia acábache dando a capacidade de recoñecer os diámetros a ollo.
A outra característica, a do tipo de aceiro, coñécese grazas ao deseño das corrugas das barras segundo unha regra. Primeiro é preciso dicir que todas as barras están divididas en dúas metades que poden levar dous tipos de corrugas:
- Corrugas paralelas / / / / / / / / / / / /
- Corrugas enfrontadas / \ / \ / \ / \ / \ / \ / \ /
E segundo a combinación das corrugas das dúas metades podemos distinguir os 4 tipos de aceiro:
- B 400 S: As corrugas das dúas metades son paralelas pero non están enfrontadas.
- B 400 SD: As corrugas das dúas metades son paralelas e ademais están efrontadas.
- B 500 S: Por un lado teñen as corrugas paralelas, e polo outro téñenas alternas.
- B 500 SD: As corrugas das dúas metades son alternas.
Unha corruga normal entre dúas resaltadas implica o inicio da lectura, despois poñeranse tantas corrugas normais coma correspondan ao país, no caso de España, 7, e, para finalizar, colócanse outra serie de corrugas normais, de maneira que dentro de cada país, cada fábrica de barras teña asignado un número de corrugas.
Normas UNE:
UNE 36068:1994
Barras corrugadas de acero soldable para armaduras de hormigón armado.
UNE 36811:1998 IN
Barras corrugadas de acero para armaduras de hormigón armado. Códigos de identificación del fabricante.
UNE 36065:2000 EX
Barras corrugadas de acero soldable con características especiales de ductilidad para armaduras de hormigón armado.
Imaxes: Ferros La Pobla.





No hay comentarios:
Publicar un comentario