Esta semana veunos cargada de diversas novas sobre procesos xudicias nos que a tecnoloxía ten un papel importante, así como a publicación de varias novas que amosan resultados de investigación. Non deixamos pasar tampouco os lanzamentos tecnolóxicos, ademais de, coma sempre, diversas curiosidades.
No tocante aos procesos xudiciais, a Comisión Nacional da Competencia vén de abrir un expediente sancionador a Movistar, Vodafone e Orange polos prezos excesivos dos seus sms e mms, cuxos clientes pagan un 20% máis cando están en territorio español ca cando usan o móbil en roaming.
Ademais, tamen vimos como a pesar de que na actualidade, estamos moi acostumados a que "toda" a información estea en Google, ben, non en Google, senón redireccionada por este, hai quen non quere aparecer. Que pasa cando non queremos aparecer? 5 españois loitan por ilo.
No tocante á investigación, esta semana inaugurouse unha exposición no Aquarium Finisterrae da Coruña sobre o intercambio entre científicos españois e alemáns, que darían lugar, entre outras, á Misión Biolóxica de Galicia, á Estación de Bioloxía Mariña de Marín ou á Comisión de Estudios de Galicia. Tes toda a información nesta ligazón.
Tamén esta semana publicouse a nova dunha investigación do CSIC e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na que se estudan as biografías de 300 mulleres con poder da Baixa Idade Media. Podedes ler a nova aquí.
Esta semana tivo taménlugar o lanzamento dunha páxina web na que se presenta o Gnome 3, un dos entornos de escritorio de GNU/Linux, nela tes instruccións de como instalar a versión alpha actual, e ademais, espérase que haxa versión definitiva para abril, a ver que nos agarda.
Por último, tamén amosamos como a tabla periódica non é algo fixo e inamobíbel. Unha boa ferramenta para estar ao día é esta páxina http://www.ptable.com/, atopada vía @aberron, e como un estraño plan de ordenación fai que moitos edificios no Xapón teñan casas cunhas características raras, de feito, no blogue de Kirai, podemos atopar unha galería fotográfica de certa extensión con gran cantidade de edificios particularmente estreitos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario