IATA é o acrónimo de International Air Transport Association (Asociación Internacional do Transporte Aéreo), organismo fundando en abril de 1945 na cidade de La Habana, Cuba, para promover boas prácticas e mellorar a experiencia do transporte aéreo mundial.
Entre os seus cometidos está a designación dos Códigos IATA, combinaciósn de 3 letras para designar aos aeroportos de todo o mundo. Contra o que poida parecer, estes códigos non son únicos; de feito, 20.000 deles son compartidos por, a lo menos dous aeroportos. O principal cometido destes códigos é facilitar a experiencia do viaxeiro (pantallas de información, búsqueda de voos...).
Existen outros códigos, os OACI, designados pola o ICAO (International Civil Aviation Organization ou Organización Internacional de Aviación Civil), de catro caracteres que si representan univocamente a todos os aeroportos do mundo.
SCQ e Santiago de Compostela
A formación dos Códigos IATA pódese facer de 3 xeitos
- Collendo as primeiras letras da cidade. Ex. MAD para MADrid.
- Collendo letras representativas do nome da cidade. Ex. BCN para BarCeloNa.
- Combinación de letras significativas e arbitrariedade: SCQ para Santiago de Compostela.
Así é, o Q do Código IATA de Santiago non significa nada, é unha letra para complementar as 3 designadas a tal efecto.
Saber máis
Se tedes curiosidade por saber a onde pertencen outras posíbeis combinacións que se puideran ter escollido para denominar ao aeroporto de Lavacolla, podedes entrar nesta ligazón e probar (SDC, SCG...)
Fontes
- Wikipedia: IATA, Códigos OACI, Códigos IATA
No hay comentarios:
Publicar un comentario