FTTx son as siglas inglesas de Fiber To The X (Fibra até X), e engloban toda unha familia de tecnoloxías que empregan a fibra óptica nalgún tramo do trazado entre a central da operadora e o cliente.
A fibra óptica é unha tecnoloxía que permite manter altas velocidades de conexión en traxectos de distancias de varias ducias de kilómetros. Fálase dela como a tecnoloxía de distribución do futuro, xa que o seu uso hoxe en día vese limitado ás capacidades dos dispositivos para soportar os seus beneficios.
En canto ás redes de telecomunicación que empregan fibra óptica, cómpre facer distinción entre FTTH, FTTB, FTTC e FFTN.

FTTH (Fiber To de Home) (Fibra até o Fogar)
Esta tecnoloxía consiste en enlazar directamente a central da operadora co cliente a través de fibra óptica, co cal, no canto de ter instalada na casa a típica clavixa telefónica teríase un conversor óptico-eléctrico.
Ten a vantaxe de que como non hai intermediarios as perdas son moito menores e pódese ofrecer un bo servizo, con boas velocidades de Internet (100 Mbps simétricos) e servizos de triple play (teléfono + Internet + televisión) de calidade.
FTTB (Fiber To The Building) (Fibra até o Edificio)
Neste caso, a fibra óptica chegaría até cada edificio e, dende aló distribuiríase entre as diferentes vivendas a través de outras tecnoloxías (cableado de cobre do edificio tradicionalmente). Tamén permite acadar velocidades de 100 Mbps.
FTTC (Fiber To The Curb) (Fibra até a Beirarrúa)
A FTTC consiste en levar a fibra óptica dende a central até unha sorte de armarios estancos situado preto de varios edificios. Dende aló partirá a rede con cable coaxial, tendo un híbrido fibra óptica - coaxial.
Este tipo de rede híbrida é a que empregan operadoras como a galega R ou Ono, se ben é certo que para os clientes que solicitan ofertas non comercias debido a características determinadas (grandes empresas, étc), tamén usan FTTH.
FTTN (Fiber To The Node) (Fibra até o Nodo)
A FTTN consiste na instalación da rede de fibra óptica dende a central até un nodo e, dende aló, na distribución a través ben da rede de cobre tracional (tecnoloxías xDSL) ou a través e cable (DOCSIS).
Ten a vantaxe de que, permite ofrecer boas velocidades (50 Mbps para distancias inferiores a 300 m) cunha inversión menor que se se achegase máis a fibra óptica ao cliente.
Ten a vantaxe de que, permite ofrecer boas velocidades (50 Mbps para distancias inferiores a 300 m) cunha inversión menor que se se achegase máis a fibra óptica ao cliente.
Extra
Presentación da CMT
No hay comentarios:
Publicar un comentario