As lanzadeiras que comunican o centro de Vigo co Campus Universitario disporán a partires do luns da semana que vén de WiFi para poder conectarse á rede de xeito gratuíto.
Vigo convértese así na primeira metrópole galega en ofrecer este servizo no seu transporte urbano. Sen embargo esta non é a primeira experiencia semellante en Galiza. Dende hai un par de anos, a empresa Arriva tamén ofrece un servizo semellante nos autobuses que fan o percorrido Ferrol-A Coruña por autoestrada.
Imaxe: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario