10 oct 2010

SIMO Network 2010 (I): O vídeo

Entre o 5 e o 7 de outubro estivemos en Madrid, seguindo en directo SIMO Network 2010. Neste tempo, tivemos ocasión de asistir a varias presentacións de produtos e servizos, así como tamén de manter entrevistas con responsábeis de varias empresas que nos comentaron a que se dedicaban e os seus motivos para estar en SIMO.

Moitas páxinas de notas, moitas fotos e algún que outro vídeo. A feira, resumida en 10 minutos de vídeo resumo - trailer, gravado e editado coa axuda de Carmen Denébola.



Durante os vindeiros días iremos publicando unha serie de entradas nas que falaremos máis polo miúdo do máis chamativo da feira.

1 comentario:

  1. Moi bo traballo rapaces, agardaremos polo resto de entradas logo.

    ResponderEliminar