Antes esta semana falamos do proceso de audición e das celulas ciliares situadas no órgano de Corti.
Dicíamos que estas celulas ciliares responden ao movemento do líquido na cóclea e transforman este movemento en estímulos nerviosos, mais non só fan iso: As ondas sonoras que chegan ao oído son complexas, isto é, teñen a información de diversas frecuencias mesturada, de forma que para seren percibidas deben ser analizadas. Isto é o que fan as celulas ciliares:
Os humanos teñen máis de 30.000 celulas ciliares, cada unha das cales responde a unha frecuencia determinada, transmitindo a información sobre a amplitude desa frecuencia ao cerebro. Isto é: o conxunto das celulas ciliares traballan como un analizador frecuencial.

Porén, como se pode ver na foto estas celulas dexeneran e morren pouco a pouco, comezando normalmente, salvo traumas ou outros trastornos (que xa pasarían a formar parte dos casos de hipoacusia), polas celulas que analizan as frecuencias máis altas. É por isto que se explica a pérdida lixeira de audición asociada á vellez, mais tamén o funcionamento dos dispositivos de espantamento de adolescentes.
Estes dispositivos prometen a emisión dunha frecuencia que só escoitarían os menores dunha determinada idade, xa que os maiores desa idade xa terían perdido as celulas ciliares que reaccionarían a esa determinada frecuencia.
Porén, isto que na teoría parece correcto, na práctica ten dado diversos problemas, non só polos diversos ritmos de pérdida de celulas ciliares que ten cada persoa, unha pérdida que tampouco ten por que ser uniforme, senón tamén e moi especialmente polo feito de que a emisión destes "ultrasons" sen ter en conta as condicións de resonancia do local no que se emiten pode dar lugar a un reforzamento de frecuencias inferiores, perfectamente perceptibles por persoas de todas as idades e igualmente molestas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario