24 ago 2010

LDK 23: DNS

DNS é o acrónimo en inglés de Domain Name System (Sistema de Nomes de Dominio), e vén a ser unha base de datos distribuída coa información que se usa para traducir os nomes de dominio (por exemplo, www.mallando.com), máis doados de lembrar, en IPs, que, como xa sabemos, é o xeito de identificar as máquinas conectadas a Internet.

Nos sistemas DNS empréganse 3 compoñentes principais:
- Clientes DNS: son programas que se executan no equipo do usuario e que pide a resolución de dominios a un servidor DNS ('Quen é www.mallando.com?')
- Servidores DNS: son os que contestan as peticións dos usuarios e pásanse a información de uns a outros, se se dá o caso de non ter memorizado o enderezo solicitado.
- Zonas de autoridade: son porcións do espazo de nomes de dominio que almacenan os datos, abarcando cada zona un dominio e os seus subdominios, inda que estes últimos poden ser delegadas a outras Zonas de autoridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario