25 jul 2011

Pilas II: Historia das Pilas, 1ªparte.

Quen inventou a primeira pila? Seguro que moitos de vós diredes que foi Alessandro Volta cara ao 1800, mais todo parece indicar que os Babilonios se adiantaron a Volta xa no 1750 antes de Cristo.


No ano 1938 o enxeñeiro alemán Wilhelm Köning, xunto cun grupo de obreiros que realizaban a construción dun sistema de rede de sumidoiros no outeiro de Rabua, moi preto de Bagdad, atoparonse cun estraño obxecto de arxila en forma de vaso. Este obxecto tiña 15 centímetros de alto, e posuía un tapón de asfalto de onde partía cara ao interior un tubo cilíndrico de cobre de 26 milímetros de diámetro e 19 centímetros de altura. Á súa vez, do tubo sobresaía unha varilla de ferro de 1 centímetro, cuberta de chumbo e lixeiramente corroída por algún tipo de ácido. A pesar de que as autoridades e os “expertos” tacharon este pequeno vaso ou vasilla de “obxecto de culto” (moi típico nestes casos), o propio Köning, tras introducir un electrolito común no interior do recipiente, logrou facer funcionar este chamado “obxecto de culto” como unha batería.


No mesmo xacemento foron descubertos outros obxectos que foran sometidos a un proceso de galvanización. Estes databan do 2000 antes de Cristo, polo que se chegou á conclusión de que, xa hai máis de 4000 anos, os antigos moradores destas terras da Mesopotamia utilizaban pilas eléctricas.
A opinión máis extendida é que puideron usar como electrolito uvas esmagadas ou quizais vinagre.

Como curiosidade, probouse unha réplica da pila de Bagdag cun resultado de 0.87V, polo que con varias veldas en serie obteríase o suficiente potencial como para facer o prateado electrolítico de pequenos obxetos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario