2 jul 2010

LDK01: Atragoamentos

Sabías que o ser humano é o único animal que se pode atragoar? Isto é debido a que durante o desenvolvemento evolutivo dos homínidos a larinxe descendeu da súa posición orixinal, posibilitando a creación dun maior espazo supralarínxeo que permite unha maior variedade de configuración das cavidades bucal e farínxea. Este feito permítenos producir un maior número de sons diferenciables, facendo posible a comunicación complexa, mais imposibilita a capacidade de beber e respirar á vez, e fai que teñamos a desgraciada capacidade de atragoarnos. (Así que coidado ao falar coa boca chea!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario