O termo xDSL (x-Digitla Subscriber Line, termo establecido por Bellcore en 1989) engloba toda unha familia de tecnoloxías de acceso a Internet de banda larga baseadas na dixitalización do par de cobre do bucle de abonado telefónico. Funciona grazas ao aproveitamento dos espectros de frecuencia non empregados polo transporte de voz e que durante moito tempo ficaron sen uso. Estas tecnoloxías convirten o par de cobre nunha liña dixital de alta velocidade que acolle servizos de banda larga (internet e televisión) e voz simultaneamente empregando 3 canles independentes: un de envío de datos, outro de recepción de datos e un terceiro para voz.
Existen varias modalidades de xDSL, que con diferentes tecnoloxías conseguen distintas velocidades e servizos. Estes son: ADSL, RADSL, VDSL, HDSL, SDSL e IDSL
No hay comentarios:
Publicar un comentario