As linguas poden ser obxecto de diversas clasificacións. A máis familiar para moitos de nós e a clasificación en "familias de palabras", a clasificación xenealóxica, pola que sabemos que o alemán e o inglés están relacionados e que o galego evoluciona do latín.
Porén, esta non é a única clasificación que podemos facer coas diferentes linguas. As linguas tamén se poden clasificar en función da súa estrutura, chamándose este tipo como clasificacións tipolóxicas. Hai dous tipos de clasificacións tipolóxicas das linguas: a baseada na morfoloxía das linguas e a baseada na orde de palabras.
A clasificación tipolóxica morfolóxica foi desenvolvida polos irmáns Friedrich e August Von Schlegel e baséase na estrutura interna das palabras. E máis concretamente no grado de flexión das linguas: En galego, coa palabra "cantei" temos a información "cantar" (dada polo morfema léxico, ou raíz, ou lexema, cant-) mentres que co morfema flexivo -ei temos un conxunto de informacións, incluíndo tempo pasado, 1ªpersoa do singular, etc.
Dacordo con esta clasificación distinguimos catro tipos de linguas:
O galego é unha lingua fusional ou flexiva. As linguas flexivas caracterízanse porque un só morfema flexivo (como o -ei de cantei) expresa máis dunha categoría (neste caso modo, tempo, persoa e número), fusionando a información das diferentes categorías nun só morfema. A maior parte das linguas europeas son flexivas, incluíndo todas as linguas xermánicas, o alemán, o grego clásico e o latín...
Aquí podedes ver un exemplo (tomado de Ruíz Antón, 1998; como o resto dos exemplos que se inclúen nesta entrada) da declinación das palabras do ruso stol (cadeira) e vodá (auga), no que, como vedes, non se poden separar as informacións gramaticais de caso e número.

Comparado co galego, o turco caracterízase porque cada categoría é expresada por un morfema máis ou menos fixo, que se une á palabra. O turco é unha lingua aglutinante, xa que vai unindo ou aglutinando os diferentes morfemas nunha soa palabra. Así, a palabra topraklarinimiz ('das nosas terras') divídese en toprak (terra), lar (plural), in (caso xenitivo [de...]) e imiz (posesión de 1ªpersoa do plural).
Outras linguas aglutinantes son o xaponés, o coreano, o vasco, o esperanto, o finlandés ou o guaraní, entre outras.
En contraste coas anteriores, en chino cada categoría é representada por particulas independentes que non se unen as unhas as outras, senón que permanecen independentes. O chino é unha lingua aillante, como tamén o son o thai ou o vietnamita.
Neste exemplo podemos ver como a información de perfecto do verbo é unha palabra independente le que non se une ao verbo ler kàn:

Xa por último, existen as linguas polisintéticas, que unen nunha soa palabra non só diversos morfemas, senón incluso palabras con significado propio, como neste exemplo, que é unha soa palabra:

Así, nas linguas polisintéticas unha palabra pode incluír unha oración enteira. Son linguas polisintéticas moitas linguas indíxenas de Norteamérica.
Porén, cabe dicir que esta clasificación é indicativa, e que hai linguas que inclúen varios destes tipos morfolóxicos en maior ou menor medida. O inglés parece aillante en construcións do tipo I will come, e compórtase como fusional noutros casos, como women.
A clasificación tipolóxica baseada na orde de palabras clasifica as linguas dacordo coa orde básica das palabras na oración. Tomando as categorías de Suxeito (S), Verbo (V) e Obxecto (O) aparecen seis categorías diferentes.
Linguas SVO, como o galego, que coloca o suxeito en primeira posición, o verbo en segunda e o obxecto en terceira. Son o 35% das linguas do mundo, incluíndo a maior parte das europeas, moitas das africanas e o chino ou o thai.
As linguas SOV, como o xaponés, o turco ou o antigo latín, caracterízanse por reservarlle ao verbo a última posición. Representan entre o 45 e o 50% das linguas do mundo.
Os outros catro tipos de clasificación, moito menos importantes cuantitativamente son, ordeados de máis común a máis raro: As linguas VSO como o galés e outras linguas célticas; as linguas VOS como o fidjio ou o malgache; as linguas OSV como algunhas linguas autóctonas do Brasil e por último as linguas OVS como o warihío. A título anecdótico, tamén é OVS o klingon.

Desta clasificación derívanse unha serie de correlacións que dependen da orde relativa do Verbo e o Obxecto.
Se o Verbo vai antes que o Obxecto: O verbo soe ir antes que o adverbio, os verbos auxiliares adoitan ir antes que os verbos principais, os nomes soen ir antes que os adxectivos, as cláusulas relativas e os xenitivos, e as preposicións adoitan ir antes dos nomes.
En cambio, se o obxecto vai antes que o verbo, o adverbio tamén soe ir antes que o verbo, o verbo principal antes que o verbo auxiliar, o adxectivo, as cláusulas relativas e os xenitivos antes que o nome, e os nomes rixen posposicións e non preposicións.
Porén novamente isto só é indicativo dunha tendencia, que se cumple en bastantes casos pero non en todos. O inglés é unha lingua SVO, que, porén, coloca os adverbios antes que os verbos e os adxectivos e xenitivos antes que os nomes, dous trazos das linguas Obxecto-Verbo.
Bibliografía:
RUIZ ANTÓN, J. Carlos (1998) Curso de tipología lingüística. Enfoque funcional. Col·lecció Material Docent. nº 109. Publicacions de la Universitat Jaume I. [Descargable]

No hay comentarios:
Publicar un comentario