9 dic 2011

Mallando na e-ira estréase en Google Currents


Onte Google lanzou Currents, unha aplicación pensada para disfrutar do contido das publicacións dixitais desde os dispositivos Android e iPhone/iPad. En Mallando no Android explicamos con máis detalle en que consiste este novo servizo, pero como podedes comprobar nas imaxes que acompañan este artigo, a visión das publicacións é moito máis vistosa que se accedemos á versión web móbil do noso blogue. 


Por iso queremos anunciarvos que Mallando na e-ira xa está en Google Currents para que poidades comezar a disfrutar dos contidos desde xa (para Mallando no Android ver isto). Para poder agregarnos tedes que instalar a aplicación Android, as de iOS terán que agardar un pouco... e logo de ter instalada a aplicación agregarnos coa seguinte ligazón:


Así que xa sabedes, agora Mallando na e-ira acompañaravos nos vosos desprazamentos :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario