6 dic 2011

LDK 201: Por que os paxaros non se electrocutan ao pousarse nas liñas eléctricas?


Cando era pequeno e vía os paxaros pousados nas liñas eléctricas pensaba: “Como pode ser que se pasa por aí alta tensión non estean chamuscados e calquera persoa que toque un enchufe pode morrer?”

Unha liña de alta tensión pode transportar grandes cantidades de corrente eléctrica e estar sometida a tensións de catrocentos mil voltios, como as grandes liñas de transporte que percorren a xeografía española, ou superiores no caso de países estranxeiros.

Esta tensión percorre cada un dos condutores e non é mortal se soamente tocamos un dos condutores, pero se tocamos dous condutores ou un condutor e terra creamos unha diferencia de potencial, un camiño cerrado polo que discorre a electricidade, é dicir, mentres non pechemos o circuito entre dúas das fases ou mediante terra non corremos perigo de electrocución. Debido a isto é polo que podemos ver aos paxaros de pequeno tamaño pousarse nas liñas sen problema debido á que non cerran o circuito coas patas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario