30 nov 2011

LDK 200: West End, East End.

EastEnders é unha das telenovelas británicas máis famosas, emitindo ininterrumpidamente desde 1985. Nesta serie reflíctense as vidas de familias de clase traballadora do East End de Londres, que ao longo destes máis de 25 anos foron evolucionando e volvéndose máis internacionais.

Porén, de onde vén a estratificación social que fai que para calquera británico o East End sexa asociado coas clases populares e o West End coas clases acomodadas?

E ben, é unha cuestión de xeografía:

Antes da era do gas e a electricidade, a forma de loitar contra a permanente humidade londinense era queimando, primeiro madeira, e logo carbón, unha queima que producía fume. Co aumento progresivo da poboación o fume, mesturado coa néboa (o famoso smog) chegou a ser un problema grave, e ocasionou unha correlación entre xeografía e situación económica.

E é que os ventos dominantes en Londres son os do Oeste, o que ocasiona que o fume se acumule ao leste da cidade. Isto, unido a que o Támesis corre nese mesmo sentido, levando río abaixo os residuos verquidos río arriba, propiciu que as familias acomodadas buscasen os barrios máis saudables, río arriba, e que as clases populares se acumulasen nos máis contaminados, mais tamén máis asequibles, barrios do leste da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario